Thursday 19 de September de 2024

O Grupo Municipal Socialista anima a doar sangue nos meses do verán e insta ao goberno local a implicarse na sensibilización da doazón


A edil Marta Álvarez lembra que durante a etapa es5val, por mor dos desprazamentos, redúcese o número de doazóns “mentres que as necesidades do sistema sanitario son constantes”

 Xunto ao portavoz dos socialistas, Gonzalo Muíños, fixeron unha vista ás instalacións da Axencia Galega de Doazón de Sangue en San5ago

Nunha visita ás instalación de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, a edil socialista, Marta Álvarez, destacou a importancia de avanzar cara unha “cultura da doazón” nuns meses, os do verán, nos que, “con motivo dos desprazamentos” propios da etapa estival, redúcense o número de doazóns, “mentres as necesidades do sistema galego de saúde son constantes”.

Na visita, na que participou tamén o portavoz socialista en Raxoi, Gonzalo Muíños, puideron coñecer de primeira man “como é o traballo diario dentro de ADOS” así como “as necesidades que ten o servizo galego de saúde” en materia de doazóns de sangue e medula ósea. Neste sentido, lembra a edil socialista, que a sangue supón un recurso imprescindible “para a atención de emerxencias médicas ou cirurxías” pero tamén “para abordar tratamentos oncolóxicos e para pacientes con trastornos hematolóxicos graves”. O mesmo ocorre coa doazón de medula ósea, que pode ser, recalca Álvarez, “a única esperanza de vida para pacientes con leucemia, linfoma, anemia aplásica e outras enfermidades hematolóxicas graves”.

“Hoxe e sempre é bo momento para lembrar o importante que é doar”

O Grupo Municipal Socialista xa levara ao último pleno do curso político, o do mes de xullo, unha declaración insDtucional que foi subscrita polas catro forzas con representación en Raxoi, precisamente para que desde o Concello existira o compromiso de avanzar cara unha promoción constante e regular da doazón de sangue e órganos. Segundo explica Marta Álvarez, é preciso dar pasos “máis aló de campañas puntuais”para contribuír a “desmitificar este acto, destacando a súa seguridade e importancia vital”.
“Hoxe e sempre é bo momento para lembrar o importante e sinxelo que é doar”, insiste Álvarez que fai fincapé, en todo caso, na etapa esDval como un momento “clave” para “reforzar este traballo de concienciación que debe ser diario” afirma, instando a Raxoi a dar cumprimento ao acordo plenario do pasado mes de xullo.